top of page

A MISTERIOSA REVALIDA DE 3ª DE PRIMARIA

  • anpaalbeiros
  • 22 nov 2014
  • 3 Min. de lectura

Deixámovos este interesante artigo extraído da Voz de Galicia que foi publicado o día 3 de novembro de 2014 e que fala dun problema que se nos está a plantexar con respecto á famosa reválidad e 3º de primaria que insataura a nova lei Wert.

SOCIEDADE

A misteriosa reválida de terceiro

Pais e docentes están desconcertados coa avaliación de primaria, unha das medidas estrela da Lomce para este curso e da que nada se sabe

ALFONSO ANDRADE

redacción / a voz 03 de novembro de 2014 08:28

19 votos

Os alumnos de terceiro de primaria deberán someterse a final de curso a unha avaliación individual, allea ao centro escolar e que asumirá a Consellería de Educación. As reválidas diseminadas ao longo do sistema de ensino son unha das medidas estrela da Lomce, aínda que este curso só se porá en marcha a de terceiro. Pero co primeiro trimestre xa moi avanzado, nin os docentes nin os pais saben aínda cando nin como será; quen a realizará, en que idioma, que entrará no exame e que consecuencias terá para os alumnos que non o superen. As únicas pistas por agora falan de habilidades que si se van avaliar: expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas. Sen maior precisión.

«A verdade é que a estas alturas non temos nin idea de como vai ser», pondera Emilio Veiga, que preside a Asociación de Directores de Centros Públicos da Coruña. O decreto de primaria, publicado no DOG o 9 de setembro, especifica sobre a reválida que «os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de educación primaria, segundo dispoña a Consellería». Pero falta un paso máis, unha orde de avaliación que desenvolva ese punto do decreto e detalle como vai ser o exame.

Depende do Ministerio

Na Consellería de Educación aseguran que «é o Ministerio o que ten que concretar como será a avaliación, mediante unha orde que a desenvolva. Pero ata que o faga non podemos dicir moito máis porque carecemos de datos». E no Ministerio de Educación asumen a responsabilidade, pero dan longas: «O tema está en estudo e de momento non sabemos cando vai saír».

Mentres tanto, os pais relén con inquietude e certa perplexidade este parágrafo do decreto de primaria que refire as consecuencias dun suspenso na reválida de terceiro: «De resultar desfavorable esta avaliación, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas. Estas medidas fixaranse en plans de mellora de resultados colectivos ou individuais que permitan liquidar as dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo».

Como queira que a proba está pensada para final de curso, ¿cando deberían colaborar as familias con ese plan de apoio ao neno que non aproba? «Quizais no verán», ironiza Fernando Lacaci, vicepresidente da Confederación de Anpa Galegas. E se a solución queda para cuarto, ¿para que se avalía entón en terceiro?, cuestionan os pais. «Todo isto é posible -continúa Lacaci- porque temos un Goberno que se empeñou en poñer data de entrada en vigor a unha lei que realmente non existe. É como o da publicación do currículo un día antes do comezo do curso».

Na súa opinión, a reválida non se fará finalmente ou será «un paripé, porque levamos un mes e medio de clases e non sabemos nada. E coas eleccións en maio, penso que tampouco o imos saber a final de curso».

María José Mancilla, presidenta de Concapa Galicia, supón que o traballo das familias e os docentes cos nenos suspensos faríase «ao curso seguinte, xa en cuarto», non durante o verán. Ademais, aínda que admite que nada se sabe de momento, sospeita que a reválida está pensada máis ben para orientar ao profesorado, aínda que «se se trata de detectar alumnos con dificultades, un mestre xa coñece as carencias de todos eles no primeiro trimestre», sen necesidade de avaliacións específicas. «Como profesora e como nai -puntualiza Mancilla-, creo que o máis importante é que non debemos angustiar aos nenos con esta proba final».

Male and female students doing schoolwork

 
 
 

댓글


Localízanos:

Rúa Garaballa de Arriba, 9, Lugo, 27003

Local da ANPA - CEIP Albeiros

 

 

© 2014 by Petruska. 

bottom of page