Un pouco sobre nós, a ANPA do CEIP de Albeiros.
A Asociación de Nais e Pais dos alunos de Albeiros comeza a súa andadura alá polo ano 1986 cando un grupo de nais/pais ou titores legais dos nenos ve a necesidade de constituir unha asociación para actuar de interlocutor entre as familias e o centro.
Actualmente a dirección do centro préstanos un local para que poidamos desenvolver as tarefas propias da asociación.
Como asociación sen ánimo de lucro que somos o noso propósito é servir de vínculo entre a dirección do centro e as familias, favorecendo a comunicación en ámbolos dous sentidos potenciando ó mesmo tempo a participación e involucrando a ambalasdúas partes para facilitar o acceso d@s menores e as súas familias á información e a outras experiencias ás que @s nen@s non terían acceso xa que consideramos que non todo se aprende a través dos libros ou nas aulas.
Como vehículo de contacto coas familias facemos uso de ferramentas informáticas hai dous anos puxemos en marcha a nosa propia páxina web ("anpaalbeiros.wix.com/web-anpa") que ademais integra un blog que mantén a liña do que iniciou a directiva hai uns anos (“albeirosmola.blogspot.com”) que desde agora deixa de ser o blog da ANPA. A nosa intención con esta nova web é achegarnos máis aos pais/ nais/ titores legais d@s nen@s para expoñerlles as nosas actividades dun xeito máis cercano e proporcionarlles información sobre o día a día que poda ser do seu interese.
Nestes últimos anos e ante a negativa por parte da dirección do centro a realizar saídas fóra do recinto escolar vímonos na obriga de facernos cargo de organizalas nós en beneficio d@s nen@s.
Na actualidade o noso único fin é centrarnos en organizar todo tipo de actividades encamiñadas a facilitar as relacións interpersoais e o contacto entre nen@s e nais/pais ou titores legais.
Esto inclúe tamén a organización das extraescolares que tamén xestionamos nós. Tódolos anos ofertamos unha ampla batería de actividades en función da demanda das familias para realizar no propio centro en horario escolar de 16 a 18 h.
De feito na festa de final de curso temos sempre como colofón unha exhibición do que aprenderon @s nen@s ao longo do curso: batuka, patinaxe, iudo, etc.
A marxe desto, levamos anos organizando outras actividades que xa arraigaron entre a comunidade e que intentamos mellorar ano tras ano.
Tamén, como non podía ser doutra maneira, estamos abertos a caqluera suxestión dos nos@s soci@s sobre novas actividades que podan ser do interese de todo@s para intentar organizalas en función da demanda e da nosa limitada capacidade económica.
A directiva.
Este curso inicia a súa andadura unha nova directiva elixida na derradeira Asamblea Xeral con novas ideas e con ganas de traballar.
Está composta por:
Presidente– D. Luis Neto López,
Vicepresenta – Marisol Prados Méndez
Tesoreiro – Sven Dieter Adler
Secretaria – PatricIa Vázquez Castro
Vogal 1 - Vanessa Barreira Blanco
Vogal 2 – Tania Rodríguez Vázquez
Vogal 3 – Manuel Campo Santos
Vogal 4 – Mª Sonia García Méndez
Vogal 5 – Julia Rodríguez Rodríguez
Vogal 6– Trinidad Botana Ramil
Moitas ideas e moitos brazos para traballar pol@s nen@s.
Delegad@s de curso.
Tamém coa intención de fluidificar a comunicación entre a ANPA e os pais/ nais/ titores legais d@s nen@s puxemos en marcha unha nova iniciativa: @s delegad@s de curso, un por clase, para tratar de que tanto vós coma nós nos enteremos das cousas. Recorremos neste caso ao Whatsapp porque nos pareceu o método máis inmediato e áxil para executar esta iniciativa. Estes grupos están pensados para facer circular a información da ANPA hacia os pais/ nais/ titores legais e para que si existe algunha queixa ao respecto das actividades extraescolares, principalmente, nolo fagades saber a tempo, no momento en que se produza o feito para que podamos tomar as medidas oportunas. A sú función non é solucionar problemas familiares ou personais. Os delegad@s de curso son @s seguintes:
CURSO NOME
INF. 4ºA MARÍA JOSÉ VILLAR GARCÍA
INF. 4º B SILVIA PORTELA LINARES
INF. 5ºA SVEN ADLER
INF. 5º B JULIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
INF. 6ºA VANESSA BARREIRA BLANCO
INF. 6º B SUSANA RUBINOS GARCÍA
1º PRIM. 1ºA e 1ºB LUIS NETO LOPEZ
2º PRIM. 2ºA MARIA LILIANA PEREZ AMOR
2º PRIM. 2ºB CONCHI LOPEZ REAL
3º PRIM. 3ºA MARIA OLGA GONZALEZ PARDO
3º PRIM. 3ºB MARIA LUZ LOPEZ MONTERO
4º PRIM. 4ºA MAICA GONZALEZ JAREL
4º PRIM. 4ºB EVA YEBRA FERNANDEZ
5º PRIM. ANA VAZQUEZ FERNANDEZ
6º PRIM. ROCIO GARCIA MENDEZ
Esperamos contar co voso apoio.
