top of page

AVISO MOI IMPORTANTE:  

 

 

Atendendo ás peticións das nais e pais  e co fin de preservar a privacidade dos nos@s fill@s  SÓ  se poderá acceder ás fotos e a determinados contidos da Web de carácter privado unha vez que vos rexistredes como usuarios.  No encabezado da páxina web dispoñedes dun enlace para completar o rexistro.  Para elo deberedes introducir a mesma dirección de email que proporcionastedes na ficha de inscrición de soci@ para que nós podamos validala. Se por algún motivo tedes que utilizar un email distinto do que puxestes na ficha de inscrición deberedes comunicalo á ANPA.

Tamén deberedes poñer un constrasinal, o que vos queirades (NON o da dirección de email, lóxicamente).

 

Unha vez que recibamos a solicitude de rexistro e comprobemos que coincide coa que temos nós na base de datos procederemos a darvos de alta para que teñades acceso completo a tódolos contidos da Web. 

 

 

Non se autorizará ningún usuario na WEB si a ANPA non coñece a dirección de e-mail que solicita a alta 

 

 

AVISO para a xente nova no cole:

 

Se aínda non sodes soci@s da ANPA teredes que esperar un pouquiño para darvos de alta na Web. Primeiro teredes que facervos soci@s e entregar a ficha de soci@ debidamente cuberta porque ata que non teñamos a vosa dirección de email non podemos darvos de alta como usuari@s.

 

 

Se alguén ten algún problema para rexistrarse por favor que se poña en contacto coa ANPA e comprobamos se hai algún erro no email proporcionado.

 

 

Moitas Grazas.

 

 

A directiva da ANPA.

 

 

Fai doble clic sobre as imaxes para acceder ás fotos.

Curso 2014-2015

Curso 2015-2016

Curso 2016-2017

bottom of page